A concellaría da Muller lembra ás mulleres vítimas da violencia de xénero que os servizos de apoio seguen operativos
A concelleira Ana González Abelleira alerta de que o confinamento “pode xerar un aumento das violencias machistas” e pide que se denuncien
O teléfono 016 atende de xeito permanente e non deixa pegada
A Casa da Muller de Lugo tamén atende as consultas a través do teléfono 982.29.74.12 e no correo cmuller@concellodelugo.org [1]
- Tema
- COVID-19,
- Igualdade,
- Violencia de xénero,
- Protección da comunidade
O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería a Muller, quere lembrarlle ás mulleres vítimas de violencia de xénero que os servizos de apoio, tanto municipais como xerais, seguen operativos a pesar da situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.
A concelleira da área, Ana González Abelleira, alerta de que o confinamento derivado das medidas adoptadas para evitar o contaxio do coronavirus pode xerar un aumento das violencias machistas. “Debemos estar alerta e as mulleres teñen que denunciar sen dubidalo”, sostén. “Con esta pandemia tamén se crea unha situación onde é imprescindible a colaboración e denuncia da veciñanza se se detecta algún caso”, insiste a edil.
Os servizos municipais seguen activos, desde a Casa da Muller (de 08:00 a 15:00 horas), e tamén vía telefónica (982.29.74.12) e por correo electrónico cmuller@concellodelugo.org [1].
A concelleira agradece a todo o persoal que está traballando no eido da Muller a súa gran implicación na loita contra a violencia de xénero, “aínda nestas circunstancias máis complexas”.
Lembramos tamén os recursos xerais:
- 016 – Delegación do Goberno contra a violencia de xénero. A chamada non deixa pegada.
- 016-online@mscbs.es [2], no caso de que as mulleres non poidan falar.
- 012 – Rede de atención integral para a violencia de xénero. Se se cre que está ante unha situación de violencia de xénero.
- 900.11.60.16 – Atención a vítimas de violencia de xénero.
- Novo servizo de atención psicolóxica por Whatsapp. 682.91.61.36 / 682.50.85.07
- Aplicación móbil gratuíta da Policía e a Garda Civil para reportar todo tipo de delitos, incluídas agresións sexuais e violencia de xénero. É unha ferramenta que localiza á vítima por xeolocalización: https://alertcops.ses.mir.es/mialertcops/ [3]
- 900.11.60.16 – Atención a vítimas de violencia de xénero con diversidade funcional auditiva ou da fala.
- Asesoramento xurídico www.igualdade@xunta.gal [4]
- 900.10.50.90 – Ante situacións de trata ou explotación sexual.
Audio
- A edil Ana González Abelleira, sobre a violencia de xénero, no confinamento | Descargar mp3 [5]