Rúa da Industria (II fase)

Orzamento 237.551,77 €
Data de inicio Xaneiro 2012
Data de finalización Maio 2012

Tramo que vai desde a intersección coa Rúa dos Artesáns e a intersección coa Rúa da Inspección. Renovaranse tanto servizos como pavimento, reordenando os espazos destinados a calzada, aparcamento e beirarrúa.

O proxecto pretende, así mesmo a ampliación da calzada para conseguir unhas zonas laterais de aparcamento e unha zona central con aproveitamento para maniobra, eliminando as zonas verdes laterais que lindan coa calzada.

Tamén se eliminará a mediana central, que se pavimentará nas mesmas condicións que os carrís de circulación, de tal forma que no futuro, unha vez suprimida a vía area de media tensión, poderá aproveitarse para reordenación de carrís ou reordenación de calzadas. 

A execución desta obra foi apoiada na seu financiamento polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo, dentro do "Programa de Ayudas para actuaciones de Reindustrialización".