Biografía de Mercedes Autrán Romero

Dende que era nena formou parte do grupo de pandeiretas chamado “Pandereteiras de Rois”, nese grupo foi onde empezou ese xermen que fixo que anos mais tarde, en 1992, comezara os seus estudos de Percusión no Conservatorio. Estudiou nos Conservatorios de Santiago, Coruña, Vigo e Lugo, rematando o Grado Medio en Santiago no ano 2003. Sempre touco en Bandas de Música formando parte de diversas Bandas de Música e Bandas Sinfónicas. Tamén formou parte de Orquestras Sinfónicas sendo plantilla da Orquesta Clásica de Vigo varios anos, e chegando a tocar varias veces coa Orquestra Sinfónica de Galicia interpretando ópera na percusión, en concreto La Boheme e Tosca ambas as dúas de Puccini. Gañou a sua oposición na Banda Municipal de Música de Lugo no ano 2002 onde actualmente fai a súa vida profesional dando tamén clases na Escola Municipal de Música de Lugo.