- Tema

A Concellería de Xuventude organiza este verán tres cursos gratuítos baixo o lema “Pasa o verán con nós¡¡”, segundo anunciou hoxe a concelleira Rosana Rielo.
Rielo explicou que “se trata de ofrecer actividades para os mozos neste tempo de ocio” e indicou que estas actividades destínanse a mozos de 14 a 30 anos.
Os días 28 de xullo, 11, 18 e 25 de agosto celebrarase un curso de graffitti con horario de 17.30 a 19.30.
Os xoves do 29 de xullo ó 26 de agosto haberá outro curso de dj´s. Neste caso o horario será de 17.30 a 19.00.
E o terceiro dos cursos será de produción musical. Vaise celebrar tamén os xoves do 29 de xullo ó 26 de agosto, neste caso con horario de 19.00 a 20.30.
As inscricións deben facerse na oficina de información xuvenil e o prazo estará aberto ata o 26 de xullo. O número de prazas é de 15.