Xuventude ofrece un novo curso gratuito de Prevención de Riscos Laborais para o sector da construción e metal

A actividade, que é gratuito, desenvolverase do 30 de abril ao 21 de maio.

A inscrición poderá realizarse a través da web lugomasxti.org, será por rigurosa orde e ata cubrir prazas. O curso diríxese a persoal da construcción e metal.

Mércores, 13 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude ofrece un novo curso gratuito de Prevención de Riscos Laborais para o sector da construción e metal

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, ofrece a posibilidade a dez desempregados de Lugo, de entre 18 e 40 anos, de participar nun novo curso gratuíto de Prevención de Riscos Laborais no sector da construción e metal.

A formación, impartirase nas instalacións de Formación Zertín (Polígono do Ceao), tal e como anunciou hoxe o edil de Xuventude, e terá lugar, tanto de forma online coma presencial. “A actividade, que é gratuíta, ten como finalidade sensibilizar sobre os diferentes tipos de risco que poidan darse no ámbito laboral, así como proporcionar ensinanzas prácticas para desenvolver, primeiros auxilios” explicou o edil.

As inscricións pódense realizar desde o luns 18 de abril ata o día 20 do mesmo mes, a través da web lugomasxti.org.

Horario do curso

Lugar de realización: Formación Zertín

  • Sábado, 30 de abril, das 08 ás 15.00 h
  • Sábado, 07 de maio, das 08 ás 15.00 h
  • Sábado, 21 de maio, das 08 ás 14.00 h

Noticias relacionadas