Xuventude lanza un vídeo onde persoeiros e colectivos de Lugo animan á mocidade a que actúen con responsabilidade no Nadal

Protagonizado pola actriz lucense Beatriz Serén, conta coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, sumáronse tamén a esta mensaxe colectiva.

Mércores, 23 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude lanza un vídeo onde persoeiros e colectivos de Lugo animan á mocidade a que actúen con responsabilidade no Nadal

A área de Xuventude do Concello de Lugo, dirixida pola concelleira Ana González Abelleira, lanza un vídeo para difundir en redes un chamamento á mocidade a través da historia dunha rapaza que ten que tomar unha importante decisión...

Un vídeo positivo e emocional, protagonizado pola actriz lucense Beatriz Serén, recoñecida polos seus traballos en televisión no Luar e Adiviña quen vén esta noite, ou nas series El desorden que dejas (Netflix), Pazo de Familia ou Matalobos (TVG).

Conta coa participación de máis de 50 persoas da cidade; e están representados case unha vintena de colectivos, grupos, asociacións e clubes de Lugo como Breogán e o Lugo, así como grupos musicais, representates da sanidade e da Fundación Secretario Gitano, ademais de persoas novas, maiores, familias.

Conta coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, sumáronse tamén a esta mensaxe colectiva para animar á mocidade a que actúen con responsabilidade este Nadal.

Vídeo

Noticias relacionadas