Unha exposición repasa o traballo dos asistentes aos talleres de animación sociocultural do Maruja Mallo e do Sagrado Corazón

Na mostra tamén se poden ver as pezas que realizaron as persoas asistentes aos obradoiros dos centros de dinamización do rural, así como a actividades das escolas rurais. Esta é a primeira vez que os participantes do rural expoñen os seus traballos nunha mostra deste tipo

Martes, 06 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha exposición repasa o traballo dos asistentes aos talleres de animación sociocultural do Maruja Mallo e do Sagrado Corazón

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, mantiveron un encontro este martes coas persoas participantes en varios talleres de Animación Sociocultural, organizados polo Concello no Centro de Convivencia Maruja Mallo e no Sagardo Corazón, así como nos centros de dinamización do rural e nas distintas escolas rurais. Esta é a primeira vez que os participantes do rural expoñen os seus traballos nunha mostra deste tipo.

As pezas que realizaron ao longo do ano, entre as que se atopan pinturas ou manualidades, pódense ver ata este venres no segundo andar do Centro de Conviencia Maruja Mallo. Ademais das realizadas nos dous centros da cidade, están reflexadas as actividades de Santa Comba, San Xoán, Rubiás, Benade, Adai, Castelo, Bocamaos, Meilán, Bosende, Pías, As Gándaras, Bazar, Bóveda, Coeses, Sáa e Calde.

Multimedia

  • Unha exposición repasa o traballo dos asistentes aos talleres de animación sociocultural do Maruja Mallo e do Sagrado Corazón

Noticias relacionadas