O Goberno local continúa avanzando na actualización de contratos municipais e aproba as bases do XXVI Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre que se celebrará o vindeiro 12 de xullo

Luns, 22 de xuño de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno local continúa avanzando na actualización de contratos municipais e aproba as bases do XXVI Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre que se celebrará o vindeiro 12 de xullo

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe novos expedientes que permiten seguir avanzando na actualización e regularización de contratos vinculados ao funcionamento diario dos servizos municipais, unha das prioridades do actual Goberno local para garantir unha mellor prestación dos servizos públicos.

“Seguimos avanzando na posta ao día de contratos e servizos municipais ao tempo que impulsamos iniciativas que contribúen a dinamizar a vida cultural da cidade”, valorou a alcaldesa, Elena Candia.

Entre os asuntos abordados figura a contratación do servizo de reparación, conservación, mantemento integral e subministración de consumibles da maquinaria empregada no Cemiterio Municipal, así como a renovación das licenzas e o mantemento do firewall de aplicacións web do Concello de Lugo, un sistema fundamental para a seguridade e protección dos servizos informáticos municipais.

No ámbito dos recursos humanos, tamén se aprobaron as bases específicas para o acceso en propiedade de dúas prazas de administrativo/a mediante promoción interna, correspondentes á Oferta Pública de Emprego de 2024.

XXVI Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre

A Xunta de Goberno Local deu tamén luz verde ás bases do XXVI Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, unha cita xa consolidada dentro da programación cultural municipal e que volverá converter as rúas, prazas e espazos emblemáticos da cidade nun gran estudio artístico ao aire libre.

O certame contará cunha dotación económica total de 5.100 euros en premios (1º.- 1.600 €; 2º.- 1.100 € e 3º 900 € e logo haberá 5 premios otados con 300 €) co obxectivo de fomentar a creación artística e seguir promovendo a participación de pintores e pintoras procedentes de diferentes puntos da xeografía galega e estatal.

As inscripcións realizaranse en Cultura o propio día do certamen, no momento  de selado dos soportes. O certamen nesta edición de 2026 terá lugar o días 12 de xullo.

A alcaldesa destacou que esta convocatoria permite seguir apoiando o talento creativo e contribuír á proxección cultural da cidade, ao tempo que ofrece unha oportunidade para descubrir e interpretar Lugo a través da mirada dos artistas.

Noticias relacionadas