O Concello mellora a Pista Roja

Luns, 27 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello mellora a Pista Roja

O Concello vén de acometer distintas melloras na Pista Roja, unha das zonas deportivas ao aire libre máis concorridas da cidade, en resposta aos Orzamentos Participativos. Concretamente, esta foi unha das 28 propostas máis votadas neste proceso participativo, con máis de 80 votos.

A entidade local investiu 15.000 euros na remodelación deste espazo, onde a diario se dan cita veciños e veciñas para practicar deporte. A maiores tamén se cambiaron os postes, taboleiros e canastras, pois tiñan gretas debido ao gran uso ao que son sometidos, entre outras tarefas.

Con esta nova actuación, o Concello continúa acondicionamento as zonas públicas, neste caso para a práctica de actividades deportivas, o que contribúe a dinamizar a cidade.

Noticias relacionadas