As piscinas exteriores contarán durante a primeira quincena de setembro cun horario adaptado
Martes, 01 de setembro de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa
As Piscinas Municipais de Verán de Frigsa manterán abertas as súas instalacións exteriores ata o 15 de setembro, tal e como estaba previsto ao inicio da tempada.
Durante esta primeira quincena de setembro, as piscinas exteriores terán un horario adaptado:
- De luns a venres: de 14:00 a 20:30 horas.
- Sábados e domingos: de 12:00 a 20:00 horas.
As instalacións están compostas por tres vasos de diferentes medidas e profundidades, adaptados ás distintas idades: un vaso sen profundidade para menores de 3 anos; unha piscina mediana, cunha profundidade máxima de 1,30 metros, para rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos; e unha piscina profunda, de oito rúas e 25 metros de lonxitude, cunha profundidade de entre 1,20 e 2,50 metros, na que é obrigatorio saber nadar.
Mantéñense os prezos das tempadas anteriores: 1 euro para a mocidade ata os 15 anos e 2,20 euros para maiores de 16 anos, así como as tarifas dos diferentes abonos e as establecidas para pensionistas e familias a partir de tres membros.
Por outra banda, as piscinas climatizadas de Frigsa e As Pedreiras xa están abertas e a pleno rendemento, nos seus horarios habituais de tempada.

