Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As piscinas de Frigsa manteñen abertas as instalacións exteriores ata o 15 de setembro e as climatizadas xa están a pleno rendemento

As piscinas de Frigsa manteñen abertas as instalacións exteriores ata o 15 de setembro e as climatizadas xa están a pleno rendemento

As piscinas exteriores contarán durante a primeira quincena de setembro cun horario adaptado

  • Tema
    • Natación,
    • Instalacións deportivas
Martes, 01 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Piscinas Municipais de Verán de Frigsa manterán abertas as súas instalacións exteriores ata o 15 de setembro, tal e como estaba previsto ao inicio da tempada.
 
Durante esta primeira quincena de setembro, as piscinas exteriores terán un horario adaptado:
  • De luns a venres: de 14:00 a 20:30 horas.
  • Sábados e domingos: de 12:00 a 20:00 horas.
As instalacións están compostas por tres vasos de diferentes medidas e profundidades, adaptados ás distintas idades: un vaso sen profundidade para menores de 3 anos; unha piscina mediana, cunha profundidade máxima de 1,30 metros, para rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos; e unha piscina profunda, de oito rúas e 25 metros de lonxitude, cunha profundidade de entre 1,20 e 2,50 metros, na que é obrigatorio saber nadar.
 
Mantéñense os prezos das tempadas anteriores: 1 euro para a mocidade ata os 15 anos e 2,20 euros para maiores de 16 anos, así como as tarifas dos diferentes abonos e as establecidas para pensionistas e familias a partir de tres membros.
 
Por outra banda, as piscinas climatizadas de Frigsa e As Pedreiras xa están abertas e a pleno rendemento, nos seus horarios habituais de tempada.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/piscinas-de-frigsa-mantenen-abertas-instalacions-exteriores-ata-o-15-de-setembro-e