O Concello colabora coa Asociación de Hostaleiros de Fontiñas para potenciar o San Xoán cunha feira de artesanía esta fin de semana

A Alcaldesa, a presidenta e varios integrantes do colectivo, e o organizador presentaron o certame, que contará con 50 postos de artesanía e alimentación, obradoiros, demostracións, música, actividades infantís e unha sardiñada

Estará aberta dende mañá ao domingo, de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 23:00 horas

Xoves, 22 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello colabora coa Asociación de Hostaleiros de Fontiñas para potenciar o San Xoán cunha feira de artesanía esta fin de semana

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Fontiñas, Tamara Seguín, e o coordinador da organización, Anxo Fernández, presentaron este xoves no Salón de Plenos a I Feira de Artesanía San Xoán nas Fontiñas, unha nova iniciativa lúdica impulsada polo colectivo hostaleiro co apoio do Concello  para dinamizar o barrio e potenciar esta festividade. No acto de presentación participaron tamén a secretaria e o tesoureiro da asociación, Elena López e Antonio Rodríguez, respectivamente.

A I Feira de Artesanía San Xoán terá lugar esta fin de semana, dende mañá ao domingo, en horario de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 23:00 horas, e contará con 50 postos de artesanía e alimentación, ademais de obradoiros, demostracións, música, actividades infantís e unha sardiñada.

A Alcaldesa felicitou á Asociación de Hostaleiros de Fontiñas por “seguir impulsando e dinamizando un barrio con identidade propia, e polo tanto a cidade de Lugo” con este certame. “Os 50 postos cos que contará nesta primeira edición auguran un bo futuro”, subliñou Lara Méndez, quen resaltou a organización de obradoiros e demostracións no marco da feira para “darlle máis vida”. A rexedora subliñou así mesmo que o evento “poña en valor un sector como o artesán, moi importante na cidade, que xera actividade económica, ben como actividade única ou como complemento aos ingresos da unidade familiar, e que tamén nos identifica como pobo”.

Os postos ofrecerán bisutería, prata, azabache, arame, téxtil, xabóns, madeira de olivo, coiro, cinturóns, velas, acuarelas, tarot, corona de lores, xoguetes de madeira, alpargatas, ambientadores naturais, aceites esenciais, aloe vera, perlas, cornos, especias, caramelos, garrapiñadas, xeados artesáns, embutidos lucenses e ibéricos, queixos, creps, e panaderías.

Tamén se celebrarán varios obradoiros artesáns. Entre eles, torneado de madeira, cestaría, azabache e arame. O sábado e domingo estarán na feira representantes da Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira de Lugo, cunha demostración de fiado de lá. Así mesmo, actuarán co seu grupo musical o sábado pola mañá e haberá pasarrúas musical a cargo dos Gaiteiros de Goián. O venres terá lugar unha sardiñada popular a partir das 21:00 horas.

Audio

  • A Alcaldesa na presentación da I Feira de Artesanía nas Fontiñas | Descargar mp3

Noticias relacionadas