
As Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico e Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Prieto e Ana Abelleira, respectivamente, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, participaron este martes, na Praza Maior, nas actividades organizadas polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Europeo dasLinguas, e deste xeito celebrar que a riqueza está na diversidade cultural e lingüística.
Unha vez máis, a entidade local súmase a esta conmemoración con actividades gratuítas para convidar á veciñanza de Lugo, e especialmente aos nenos e nenas, sobre os conceptos da Unión Europea. Nesta xornada, na que a entidade local ofreceu contacontos, un muro das linguas, xogos de mesa e un trivial de Europa, o Concello tamén instalou unha mesa informativa, para tentar sensibilizar sobre a importancia de aprender distintos idiomas.
Ao longo da mañá tamén tiveron lugar distintas actividades dirixidas aos colexios públicos da zona norte da cidade na Sala multiusos do Espazo<Lab.