Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello celebra, no Día Europeo das Linguas, que a riqueza está na diversidade

O Concello celebra, no Día Europeo das Linguas, que a riqueza está na diversidade

  • Tema
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico
Martes, 26 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello celebra, no Día Europeo das Linguas, que a riqueza está na diversidade

As Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico e Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Prieto e Ana Abelleira, respectivamente, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, participaron este martes, na Praza Maior, nas actividades organizadas polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Europeo dasLinguas, e deste xeito celebrar que a riqueza está na diversidade cultural e lingüística.

Unha vez máis, a entidade local súmase a esta conmemoración con actividades gratuítas para convidar á veciñanza de Lugo, e especialmente aos nenos e nenas, sobre os conceptos da Unión Europea. Nesta xornada, na que a entidade local ofreceu contacontos, un muro das linguas, xogos de mesa e un trivial de Europa, o Concello tamén instalou unha mesa informativa, para tentar sensibilizar sobre a importancia de aprender distintos idiomas.

Ao longo da mañá tamén tiveron lugar distintas actividades dirixidas aos colexios públicos da zona norte da cidade na Sala multiusos do Espazo<Lab.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-celebra-no-dia-europeo-das-linguas-que-riqueza-esta-na-diversidade