O Ciclo de ‘Adiccións sen substancias’ impulsado dende a área de Xuventude celebra a súa segunda xornada

A actividade, é gratuíta, para público en xeral e ata completar aforo.

Mércores, 11 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Ciclo de ‘Adiccións sen substancias’ impulsado dende a área de Xuventude celebra a súa segunda xornada

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, lembra que o vindeiro xoves, 12 de maio, terá lugar a segunda xornada incluída no Ciclo de ‘Adiccións sen substancias’ actividade incluída no programa +Xti, desenvolvido a través do plan de Prevención de Drogas e outras adiccións.

 “Unhas xornadas abertas ao público en xeral aínda que pensadas para mozos e mozas, que non precisan inscrición, o obxectivo das mesmas é sensibilizar da existencia das adiccións comportamentais”, explicaba Mauricio Repetto.

A segunda xornada terá lugar no IES. Lucus Augusti, ás 16.30 horas, e actuará como relatora Belén Montesa Lou, licenciada en Psicóloga Xeral Sanitaria. Experta en drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid

Ciclo de ‘Adiccións sen substancias’:

  • 12 de maio (16.30h): ‘A relación das novas Tecnoloxías coa adolescencia contemporánea’ (IES. Lucus Augusti)
  • Relator: Belén Montesa Lou, licenciada en Psicóloga Xeral Sanitaria. Experta en drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid
  • 18 de maio (16.00h): ‘Isto non é un Xogo: adiccións comportamentais’ (CPR. Galén)
  • Relator: Iván Pico Martínez, psicólogo social, educativo e deportivo. Especialista en prevención de adiccións no ámbito educativo
  • 26 de maio (18.00h): ‘Claves para educar no presente dixital’ (Círculo das Artes)
  • Relator: Jorge Gutiérrez Berlinches, xornalista, profesor do Máster de Educación Emocional da UNIR e escritor. Autor de La trampa del Sexo Digital

Máis info

  • Cartel do Ciclo de ‘Adiccións sen substancias’ | Descargar pdf

Noticias relacionadas