O Cei – Nodus acollerá mañá unha nova edición da Xira Mulleres

Martes, 14 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Cei – Nodus acollerá mañá unha nova xornada de formación Xira Mulleres organizada pola Fundación Mulleres, o Concello de Lugo e Coca-Cola.   Xira Mulleres é unha iniciativa que xorde a finais de 2016, un programa gratuíto co que, por terceiro ano consecutivo, colabora o Concello de Lugo para traballar a prol da capacitación persoal e profesional, tanto daquelas mulleres que queiran acceder ao mercado laboral, como das que desexan facer realidade unha idea de negocio vinculada co sector da alimentación e a

O Cei – Nodus acollerá mañá unha nova xornada de formación Xira Mulleres organizada pola Fundación Mulleres, o Concello de Lugo e Coca-Cola.

Xira Mulleres é unha iniciativa que xorde a finais de 2016, un programa gratuíto co que, por terceiro ano consecutivo, colabora o Concello de Lugo para traballar a prol da capacitación persoal e profesional, tanto daquelas mulleres que queiran acceder ao mercado laboral, como das que desexan facer realidade unha idea de negocio vinculada co sector da alimentación e as bebidas.

Xira Mulleres conta con tres itinerarios adaptados aos diferentes obxectivos das participantes: emprender sen unha idea de negocio desenvolta ou cunha pouco avanzada - Viaxe ao emprendemento; emprender cunha idea de negocio xa definida - Xira Mulleres Weekend; ou Empregarse - programa de empregabilidade ou inserción por conta allea.

“Da man de entidades especializadas no empoderamento feminino, as mulleres con espírito emprendedor ou cunha idea de negocio aínda en fase incipiente terán a oportunidade de atopar o seu camiño a través das súas propias ideas, mediante unha dose extra de motivación e coñecemento” indicou o edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto.

“Pódeno facer a través de tres etapas, a primeira delas mañá, dende as 9:30 horas ata as 14:30 horas na sede do Cei Nodus. Baixo o nome de Atopa o teu roteiro, nesta fase inicial os expertos impartirán dúas sesións presenciais teóricas –de cinco horas cada unha- para axudar ás participantes a identificar ou concretar os seus proxectos”.

O concelleiro explicou que “a continuación impartirase A túa viaxe, un módulo que se complementa con 30 horas de formación online nas que se desenvolve, de forma máis concreta, a idea de negocio. Así, as emprendedoras coñecen en detalle os nove elementos básicos que estruturan un negocio”.

Finalmente, os dez mellores proxectos da formación online serán seleccionados para recibir servizos de incubación e mentoría na fase Acompañámoste. De entre eles, o tres máis innovadores recibirán medio ano máis de mentoría e un capital de apoio por valor de 3.000 euros para cada proxecto gañador.

Noticias relacionadas