Esta sétima edición desenvolverase no Polideportivo da Facultade de Formación do Profesorado da USC mensualmente ou por semanas
O prazo de inscrición para a primeira semana remata o venres 26 de xuño

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral en funcións, Esther Muñóz, e o Presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo “Choury”, presentaron esta mañá a sétima edición dos campamentos de verán Lumieira Cup’15.
O Concello de Lugo, a través a Concellería de Deportes, a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e o Parque Infantil de Tráfico, colaboran nesta nova edición dos campamentos urbáns polideportivos, que se desenvolverán do 1 ao 31 de xullo na cidade.
Esther Muñóz, explicou que “dende o Concello tratamos de potenciar este tipo de actividades xa que son doblemente interesantes, por un lado forman aos nenos e nenas e polo outro, facilitan a conciliación familiar ademais de que coñecen e practican deportes minoritarios”.
O campamento está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e desenvolverase de luns a venres, de 09.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 19.30 horas, no Polideportivo da Facultade de Formación do Profesorado. Según destacou o coordinador do campamento e presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, hai posibilidade de optar aos campamentos tanto mensualmente como por semanas:
1ª semana - do 6 ao 10 de xullo
2ª semana - do 13 ao 17 de xullo
3ª semana - do 20 ao 24 de xullo
4ª semana - do 27 ao 31 de xullo
Este ano este campamento urban conta cunha novidade importante como é programa de becas Te lo mereces! e que permitirán a vinte nenos e nenas estar unha semana no campamento de maneira gratuita, para máis información na súa páxina web.
A Lumiera Cup’15 contará con opción a comedor, ademais de que a 3 e a 4 semana poden sair de balde para os nenos e nenas que se queden durante as dúas primeiras. Tamén poderá participarse na actividade as Noites Divertidas que se desenvolverán unha noite por quincena. A parte das actividades deportivas programadas, como loita, rugbi, karate, piragüismo, beisbol, tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala, balonmán, atletismo, golf, piscina, hípica… os rapaces e rapazas tamén terán actividades lúdicas como excursións.
O prazo de inscripción para a primeira semana do campamento remata o día 26 de xuño. As inscripcións poden facerse a través das páxinas web: http://lumieiracup15.blogspot.com ou lumieiralugo@gmail.com .