
Como cada ano por esta época, a área de Medio Ambiente, dirixida por Miguel Fernández, atópase inmerso na tempada de podas. A pasada semana, o edil achegouse a supervisar o inicio dos traballos en tres árbores, no muro posterior do patio do colexio de Casás.
“Tarefas de podas e talas, non incluídos no contrato de mantemento de zonas verdes e que polas súas características especiais, a súa dificultade técnica e a falta de medios, non é posible a súa execución pola brigada municipal” explicaba o edil.
En canto á forma de poda das árbores, responde os criterios seguridade, saúde da árbore, estética e normativa. O dispositivo destinado a este traballo, este ano conta con dous operarios, escaleiras, motoserra, tesoiras de poda, un camión e remolque para os restos de poda.