Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente supervisa o inicio dos traballos de poda no colexio de Casás

Medio Ambiente supervisa o inicio dos traballos de poda no colexio de Casás

  • Tema
    • Medio rural,
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Luns, 14 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente supervisa o inicio dos traballos de poda no colexio de Casás

Como cada ano por esta época, a área de Medio Ambiente, dirixida por Miguel Fernández, atópase inmerso na tempada de podas. A pasada semana, o edil achegouse a supervisar o inicio dos traballos en tres árbores, no muro posterior do patio do colexio de Casás.

“Tarefas de podas e talas, non incluídos no contrato de mantemento de zonas verdes e que polas súas características especiais, a súa dificultade técnica e a falta de medios, non é posible a súa execución pola brigada municipal” explicaba o edil.

En canto á forma de poda das árbores, responde os criterios seguridade, saúde da árbore, estética e normativa. O dispositivo destinado a este traballo, este ano conta con dous operarios, escaleiras,  motoserra, tesoiras de poda, un camión e remolque para os restos de poda.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-supervisa-o-inicio-dos-traballos-de-poda-no-colexio-de-casas