Lugo acolle 6 concertos gratuítos de artistas internacionais co I Festival de Blues do Concello e da Deputación

Carmen Basadre e Pilar García Porto presentaron este xoves a programación musical, totalmente gratuíta, que organiza a entidade local e a provincial os días 21 e 22 de xullo na Praza da Soidade

Shirley Davis & The Silverbacks, The Lachy Doley Group, Guadalupe Plata, Fred Wesley Generations, Ash Grunwald eThe Soul Jacket son os músicos desta edición

O festival compleméntase cunha masterclass gratuíta, o 23 de xullo, no Museo Provincial, impartida por Ash Grunwald. Inscricións en cultura@deputacionlugo.org

Xoves, 06 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle 6 concertos gratuítos de artistas internacionais co I Festival de Blues do Concello e da Deputación

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentaron este xoves o Blues Museum. Trátase do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno do Concello e da Deputación de Lugo, os días 21 e 22 de xullo, na Praza da Soidade. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Australia, Reino Unido ou España.

O festival internacional de blues compleméntase cunha masterclass gratuíta, o 23 de xullo ás 12:30 horas, impartida polo artista australiano Ash Grunwald, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Hai 50 prazas. Os interesados poden inscribirse en cultura@deputacionlugo.org.

No acto de presentación, Carmen Basadre puxo en valor o enclave do casco histórico da cidade para realizar este tipo de proxectos e convidou a todos os turistas a “que se acheguen os días 21 e 22 de xullo a Lugo, que se converterá na capital internacional do Blues”.

Pola súa banda, Pilar García destacou que “Deputación e Concello traballamos da man para impulsar actividades, totalmente gratuítas, dinamizando a vida cultural da cidade ao mesmo tempo que propoñemos un plan musical alternativo durante esa fin de semana. Con este festival, ofrecemos unha programación de primeiro nivel, con concertos de artistas moi importantes e destacados no xénero blues. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois investimos durante este ano, 339.000 euros para a celebración de 119 actividades culturais en 46 Concellos, estimulando e activando a economía e o turismo de todos estes municipios”.

O Festival Blues Museum contará con 6 concertos de grupos e artistas internacionais, procedentes de Reino Unido, Estados Unidos, Australia, e de España, de Xaén e Vigo. A programación é a seguinte:

O venres 21 de xullo

- Ás 22:00 horas os ingleses Shirley Davis & The Silverbacks.

Considerada a diva do soul en Europa, Shirley Davis ponse o frente de The Silverbakcs en Black Rose, o novo lanzamento de Tucxone Records. A artista realizou numerosas colaboracións para diversos selos discográficos como  Freestyle.

- A continuación os australianos The Lachy Doley Group.

Lachy Doley é o mellor organista Hammond do mundo que estará de xira por primeira vez en Europa co festival de blues de Lugo. Cunha voz de blues penetrante acada espectáculos inesquecibles e hipnóticos. Acompáñano a súa banda orixinal australiana, composta por Jackie Barnes coa batería e Jan Banga co baixo.

- Para rematar a primeira xornada os xienenses Guadalupe Plata.

Este grupo, que leva funcionando dende o ano 2007, xa editou tres albumes sen título de folk. Galardoados con premios importantes como o da Música Independiente ou o Premio Impala, son moi recoñecidos pola súa peculiar forma de fusionar o blues co rock, jazz, psicodelia e mesmo o flamenco. O grupo está composto por tres membros, Pedro de Dios (guitarra e voz), Carlos Jimena (batería) e Paco Luis Martos (baixo, contrabalde e guitarra).

O sábado 22 de xullo

- Ás 22:00 horas os estadounidenses Fred Wesley Generations.

Décadas despois do seu traballo con James Brown e George Clinton, que o consagrou como un dos arquitectos do funk, Fred Wesley comeza un novo proxecto que o conecta coas súas raíces do jazzy para o futuro: Generations. Generations  é un trío de contraste con Wesley no trombón, con Leonardo Corradi no órgano co batería francés, Tony Match. Tres O seu espectáculo combina talento e a experiencia de traballar con artistas de Count Basie e Ray Charles a Lenny Kravitz e D'Angelo, reflexión enérxica de Smith e outros xigantes históricos do jazz, xunto á experiencia e a mestría de Fred partidos por ritmos africanos e electrónicos de Tony Mach .

- A continuación os australianos Ash Grunwald.

Ash Grunwald é un dos artistas máis fascinantes da escena australiana. En 2015 publicou o seu noveno álbum, Now, producido por Nick un logro na carreira de Ash como respectado músico de raíces. É un disco de rock con músculo, magro, de groove innegable, descarado e imprudente, repleto de ritmos. O músico ten unha habilidade innata para conectar co público. Foi definido como un xenio da improvisación, experimentando na interpretación dos seus temas, sacándose trucos baixo a manga concerto tras concerto.

- Clausurarán o Museum Blues os galegos The Soul jacket.

O grupo The Soul Jacket acaba de sacar un novo álbum, Volume III, no que se aproximan ao blues dos Fleetwood Mac da era Peter Green, a cadencia e o sentido da melodía dos anos dourados do Laurel Canyon californiano, os vastos territorios dos pioneiros do Country Rock, e a melancolía mística pero reconfortante das Basement Tapes de Bob Dylan &The Band. Todo iso fúndese de maneira maxistral neste novo traballo discográfico. Sen dúbida o mellor e máis ambicioso na carreira dunha banda totalmente comprometida coa súa mensaxe e a súa música.

Noticias relacionadas