Xoves, 10 de novembro de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves nun novo almorzo de negocios, enmarcado no movemento Localmente Lucense, unha cita que congregou a máis dunha vintena de emprendedores e emprendedoras lucenses na Cafetería As Gándaras. A través desta iniciativa, o executivo municipal ofrece aos participantes un espazo aberto e gratuíto para que amplíen a súa rede de contactos, co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego na cidade. Para facilitar a participación, os almorzos vanse organizando en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona.