Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez participa nun novo almorzo de negocios celebrado nas Gándaras que congregou a máis dunha vintena de emprendedores

Lara Méndez participa nun novo almorzo de negocios celebrado nas Gándaras que congregou a máis dunha vintena de emprendedores

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Emprego,
    • Políticas activas de emprego,
    • Emprendemento
Xoves, 10 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa nun novo almorzo de negocios celebrado nas Gándaras que congregou a máis dunha vintena de emprendedores

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves nun novo almorzo de negocios, enmarcado no movemento Localmente Lucense, unha cita que congregou a máis dunha vintena de emprendedores e emprendedoras lucenses na Cafetería As Gándaras. A través desta iniciativa, o executivo municipal ofrece aos participantes un espazo aberto e gratuíto para que amplíen a súa rede de contactos, co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego na cidade. Para facilitar a participación, os almorzos vanse organizando en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-participa-nun-novo-almorzo-de-negocios-celebrado-nas-gandaras-que-congregou-mais