Lara Méndez participa nun foro online sobre o futuro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O evento, organizado polos centros Europe Direct do Minho e de Lugo, celebrouse este venres baixo o título “Multilateralismo e eurorrexións: cal é o futuro”

Venres, 20 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa nun foro online sobre o futuro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A alcaldesa, Lara Méndez, participou este venres no evento online “Multilateralismo e eurorrexións: cal é o futuro?”, organizado polo Centro de Información Europe Direct do Minho (CIED Minho), dependente do Politécnico de Cávado e Ave (IPCA), en colaboración co centro de información municipal Europe Direct Lugo, a radio Antena Minho e o xornal Correio do Minho.

O obxectivo desta xornada foi analizar cal debe ser o papel das eurorrexións no futuro de Europa e como as rexións transfronteirizas se beneficiaron da creación de sinerxías para mellorar o desenvolvemento económico local - o caso da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ao tempo que se deu a oportunidade aos cidadáns de relacionarse coas autoridades locais e europeas.

Xunto á rexedora lucense e vicepresidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez, participaron nesta xornada, Ricardo Ferreira, coordinador "Border Focal Point" da Comisión Europea; e Ricardo Rio, alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico. O presentador e moderador do evento foi Paulo Monteiro, periodista e director da radio Antena Minho.

Noticias relacionadas