Lara Méndez entrega os diplomas aos dezasete mozos e mozas que se formaron en animación 2D e 3D co apoio do Concello

A rexedora mantivo un encontro cos alumnos e alumnas que participaron neste programa, froito da colaboración entre a área de Desenvolvemento Local e a Fundación INCYDE.

Méndez felicitou aos participantes e animounos a seguir formándose “nun dos sectores con maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais”.

O curso, destinado a rapazas e rapaces inscritos no sistema de garantía xuvenil, estivo cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.

Domingo, 18 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez entrega os diplomas aos dezasete mozos e mozas que se formaron en animación 2D e 3D co apoio do Concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, fixo entrega dos diplomas aos dezasete mozos e mozas que completaron o Curso de Animación 2D e 3D, que se desenvolveu no marco dun convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación INCYDE, cofinanciado pola UE a través do Fondo Social Europeo.

A rexedora felicitou aos participantes e animounos a seguir formándose “nun dos sectores con maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España, ligado ao desenvolvemento de videoxogos; un campo profesional que demanda perfís con formación especializada”. Neste senso, Méndez explicou que “a través deste programa buscamos facilitar os coñecementos necesarios aos mozos e mozas, de xeito que reúnan as mellores condicións para optar a un posto de traballo neste campo, en constante crecemento”.

A acción formativa desenvolveuse, dende o pasado 24 de outubro, durante sete semanas, en formato semipresencial, (dobre opción, presencial e en streaming en formato en liña), con titorías individuais tamén nese dobre formato. Os beneficiarios e beneficiarias do programa foron mozos e mozas menores de 30 anos, desempregados e rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O contido do programa abarcou as principais disciplinas vinculadas co sector para introducirse no mundo do videoxogo e a animación. Os profesionais do deseño e a produción 3D dedícanse a xerar gráficos tridimensionales por computador. Trátase dun sector en expansión na industria do entretemento e en moitas outras áreas (publicidade, infoarquitectura, audiovisuais, educación, investigación científica…).

Multimedia

  • Lara Méndez entrega os diplomas aos dezasete mozos e mozas que se formaron en animación 2D e 3D co apoio do Concello

Noticias relacionadas