Na provincia de Lugo traballan 60 persoas na axencia da ONCE, estando máis do 50% en Lugo (cidade)

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse esta mañá ao quiosco da ONCE sito na Praza Santo Domingo acompañada do Xestor Comercial da axencia en Lugo, Ramón Portela, para saudar a Montserrat López, vendedora que retomou a súa actividade laboral no día de hoxe.
A alcaldesa e o Xestor Comercial comentaron que en 81 anos de historia da ONCE nunca se suspenderon os sorteos dos productos que ofertan diariamente ademáis destacou a rexedora que é coñecedora de que “Na provincia de Lugo traballan 60 persoas na axencia da ONCE, e concretamente máis do 50% na cidade de Lugo, polo que o día de hoxe é importante para os traballadores e tamén os veciños que poden volver a recuperar a ilusión xa que nesta semana tamén se inicia unha serie de cupóns denominada A Ilusión Pode Con todo”.