Domingo, 04 de setembro de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Concelleira de Benestar Social, Olga López, despedían no día de onte a máis dun centenar de maiores do rural lugués que viaxaron á festa do Polbo da Illa de Arousa, unha viaxe organizada pola concellería de Benestar Social, dentro do Programa de Animación Sociocultural.
Esta é a segunda das viaxes de verán que leva a cabo a entidade local, onde se combina o eido cultural co lúdico e o gastronómico, “posto que os participantes fan diferentes percorridos culturais polas zonas que se visitan” apuntaba a rexedora. A primeira saída tivo lugar o pasado domingo a Noia.