Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez despide a mais dun centenar de maiores que viaxaron á Festa do Polbo na Illa de Arousa

Lara Méndez despide a mais dun centenar de maiores que viaxaron á Festa do Polbo na Illa de Arousa

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Participación
Domingo, 04 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez despide a mais dun centenar de maiores que viaxaron á Festa do Polbo na Illa de Arousa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Concelleira de Benestar Social, Olga López, despedían no día de onte a máis dun centenar de maiores do rural lugués que viaxaron á festa do Polbo da Illa de Arousa, unha viaxe organizada pola concellería de Benestar Social, dentro do Programa de Animación Sociocultural.

 Esta é a segunda das viaxes de verán que leva a cabo a entidade local, onde se combina o eido cultural co lúdico e o gastronómico, “posto que os participantes fan diferentes percorridos culturais polas zonas que se visitan” apuntaba a rexedora. A primeira saída tivo lugar o pasado domingo a Noia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-despide-mais-dun-centenar-de-maiores-que-viaxaron-festa-do-polbo-na-illa-de-arousa