“Estamos actuando en rúas dos barrios da cidade para mellorar a calidade de vida das persoas que viven neles” dixo Alexandre Penas
A concellería de Infraestruturas investirá 59.460,61€ na renovación do firme, iluminación e saneamento
- Tema

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron o inicio das obras da rúa Avetarda, na Piringalla, onde se están a levar a cabo traballos de mellora integral da rúa. Segundo Alexandre Penas, “debido ao mal estado no que se atopaba esta rúa, foi necesaria a renovación do saneamento e do alumeado público”.
As obras, que contan cun orzamento de 59.460,61€, incluirán o cambio de sumidoiros e do abastecemento, xunto coa renovación do alumeado público, pavimentación e beirarrúas. Con esta intervención, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía.