Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Inícianse os traballos de mellora de pavimentos e servizos na rúa Avetarda

Inícianse os traballos de mellora de pavimentos e servizos na rúa Avetarda

“Estamos actuando en rúas dos barrios da cidade para mellorar a calidade de vida das persoas que viven neles” dixo Alexandre Penas

A concellería de Infraestruturas investirá  59.460,61€ na renovación do firme, iluminación e saneamento

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Domingo, 01 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Inícianse os traballos de mellora de pavimentos e servizos na rúa Avetarda

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron o inicio das obras da rúa Avetarda, na Piringalla, onde se están a levar a cabo traballos de mellora integral da rúa. Segundo Alexandre Penas, “debido ao mal estado no que se atopaba esta rúa, foi necesaria a renovación do saneamento e do alumeado público”.
 
As obras, que contan cun orzamento de 59.460,61€, incluirán o cambio de sumidoiros e do abastecemento, xunto coa renovación do alumeado público, pavimentación e beirarrúas. Con esta intervención, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/inicianse-os-traballos-de-mellora-de-pavimentos-e-servizos-na-rua-avetarda