Entregados os premios do III Concurso de Fotografía e do II Concurso de Epitafios, organizados polo Concello

Lara Méndez foi a encargada de entregar os premios aos gañadores destes certames que a entidade local puxo en marcha para conmemorar o Día de Defuntos

Xoves, 12 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entrega dos premios do III Concurso de Fotografía e do II Concurso de Epitafios

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou este xoves os premios aos gañadores do III Concurso de Fotografía e do II Concurso de Epitafios, que organizou o Concello para conmemorar o Día de Defuntos.

O III Concurso de Fotografía Estampas de paz e acougo pretende pór en valor o cemiterio municipal de San Froilán, que acolle o recentemente declarado mellor monumento arquitectónico funerario de España. Os premios, de 250, 150 e 75 euros, recaeron en Jesús Díaz, Rafael López e Alejandro Real, respectivamente.

Baixo o lema Unha palabra, unha emoción, o II Concurso de Epitafios busca destacar un dos elementos que máis contibúe a humanizar e potenciar o valor emocioanl dos cemiterios, recordando aos defuntos e honrando a súa memoria. Os gañadores, Wenceslao Souto e Manuel Rubiños, recibiron como premio, 150 e 75 euros, respectivamente.

Noticias relacionadas