A Oficina Municipal de Turismo atendeu a máis de 1.800 persoas en febreiro, un 15% máis que o pasado mes de xaneiro, e un 28% e 33% máis que o mesmo período do ano 2015 e 2014, respectivamente Lugo rexistrou un incremento do 8,5% en rendibilidade hoteleira e un 3,5% en emprego turístico no pasado 2015

A Oficina Municipal de Turismo de Lugo atendeu a máis de 1.800 persoas en febreiro, un 15% máis que o pasado mes de xaneiro, e un 28% e 33% máis que o mesmo período do ano 2015 e 2014, respectivamente. O 95% dos visitantes que se achegaron á Praza do Campo eran españois, o que demostra un mes máis o comportamento positivo do turismo nacional. Os madrileños están a cabeza dos visitantes nacionais en febreiro (451), seguidos dos procedentes de Cataluña (423), Castela e León, Asturias e País Vasco. Entre os preto de 90 foráneos, atópanse 27 franceses, 12 xaponeses e 10 arxentinos, entre outros.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen se amosou orgullosa destes datos, insistiu en que o Equipo de Goberno continúa a traballar para desestacionalizar o turismo. “Temos que seguir redoblando esforzos para que esta evolución se consolide”; subliñou Basadre ao tempo que lembraba o aumento dun 92% do turismo na cidade dende o ano 2000.
“Dende o Concello continuaremos a pór en valor as singularidades que diferencian a Lugo doutros destinos, que pasan principalmente por ser unha das poucas cidades que conta con tres Patrimonios da Humanidade, a Muralla, o Camiño Primitivo e a Catedral”, asegurou a Concelleira, quen aludiu á recentemente estreada campaña Ven é Lugo, na que se presume dos tres Bens Mundiais.
Neste senso, Basadre deu a coñecer que Lugo rexistrou un incremento do 8,5 en rendibilidade hoteleira e un 3,5% en emprego turístico no pasado 2015, segundo un informe feito público recentemente pola Alianza para a Excelencia Turística, Exceltur.
A edil, quen definiu estas cifras como “esperanzadoras”, fixo fincapé neste incremento como “un aliciente para continuar apostando por unha ampla oferta turística de calidade e para seguir buscando a pernoctación na cidade”.
Soben un 18% as visitas aos museos municipais
Os museos municipais rexistraron un 18% máis de visitas en febreiro que no pasado mes de xaneiro, máis de 2.100 persoas. A Casa dos Mosaicos recibiu más de 700 visitas, mentres á Domus do Mitreo se achegaron máis de 650 persoas. Polo Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) pasaron máis de 450 persoas, mentres o centro expositivo de Porta Miñá e San Roque, rexistraon máis de 200 visitas.
Audio
- Carmen Basadre, sobre o turismo | Descargar mp3