A Corporación Municipal participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno en repulsa do primeiro crime machista deste 2025

Os concelleiros de Benestar Social e de Transición Ecolóxica amosaron, xunto a outros representantes municipais, o seu rexeitamento por este asasinato ocorrido en Asturias.

Martes, 04 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno en repulsa do primeiro crime machista deste 2025

O segundo Tenente de Alcaldesa e concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, e a concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde participaron, xunto a outros representantes da Corporación Municipal, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo caso de violencia de xénero, que é ademais o primeiro crime machista deste 2025, cometido en Asturias, e que rematou coa vida de Karilenia, de 39 anos e nacionalidade española e nai de dous fillos, de sete e quince anos.

A Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero confirmou onte o crime como un asasinato machista, o que eleva a cifra de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas a 1.294 mortes desde o ano 2003.

Multimedia

  • A Corporación Municipal participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno en repulsa do primeiro crime machista deste 2025

Noticias relacionadas