
A Corporación do Concello de Lugo, encabezada polo alcalde, Miguel Fernández, gardou onte un minuto de silencio diante da Subdelegación do Goberno en sinal de condena e repulsa polo asasinato machista dunha muller de 55 anos en Huelva, un crime confirmado como violencia de xénero.
Con este acto, a Corporación Municipal quixo mostrar a súa solidariedade coa familia e achegados da vítima, así como reiterar o seu compromiso firme na loita contra esta lacra social que atenta contra os dereitos fundamentais e a dignidade das mulleres.
Desde o Concello de Lugo, o alcalde Miguel Fernández subliñou a necesidade de continuar traballando desde todas as institucións e ámbitos da sociedade para erradicar a violencia de xénero, reafirmando a tolerancia cero fronte a calquera forma de violencia machista.


