Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación Municipal de Lugo gardou un minuto de silencio en repulsa por un novo crime machista en Huelva

A Corporación Municipal de Lugo gardou un minuto de silencio en repulsa por un novo crime machista en Huelva

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Igualdade,
    • Violencia de xénero
Martes, 29 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal de Lugo gardou un minuto de silencio en repulsa por un novo crime machista en Huelva

A Corporación do Concello de Lugo, encabezada polo alcalde, Miguel Fernández, gardou onte un minuto de silencio diante da Subdelegación do Goberno en sinal de condena e repulsa polo asasinato machista dunha muller de 55 anos en Huelva, un crime confirmado como violencia de xénero.

Con este acto, a Corporación Municipal quixo mostrar a súa solidariedade coa familia e achegados da vítima, así como reiterar o seu compromiso firme na loita contra esta lacra social que atenta contra os dereitos fundamentais e a dignidade das mulleres.

Desde o Concello de Lugo, o alcalde Miguel Fernández subliñou a necesidade de continuar traballando desde todas as institucións e ámbitos da sociedade para erradicar a violencia de xénero, reafirmando a tolerancia cero fronte a calquera forma de violencia machista.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-de-lugo-gardou-un-minuto-de-silencio-en-repulsa-por-un-novo-crime