A concellería de Medio Ambiente incorpora dende hoxe un novo tractor aos operativos de roza municipais

O dispositivo pasará a contar, dende esta xornada, con tres vehículos que, de forma ordinaria e permanente, limparán e acondicionarán os soares do Concello.

O tenente de alcaldesa e edil da área, Miguel Fernández, sinala que logo de retirar a maleza nos terreos públicos da Avenida de Magoi, Acea de Olga e Augas Férreas, as tarefas continuarán noutras contornas cidade.

Luns, 05 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Ambiente incorpora dende hoxe un novo tractor aos operativos de roza municipais

A concellería de Medio Ambiente reforzará, dende hoxe, os traballos de roza nas parcelas municipais.

O tenente de alcaldesa e edil responsable da área, Miguel Fernández, anunciou que, ao dispositivo habitual que o servizo de limpeza desenvolve durante todo o ano, engádese agora un novo tractor que complementará ás brigadas actuais.

“A nova incorporación obedece ás melloras previstas no novo contrato de limpeza viaria en canto a dotacións pero tamén no incremento das tarefas a desenvolver. De xeito que os técnicos municipais acordaron xa coa empresa adxudicataria a planificación destes labores que esta mesma mañá comezaban na contorna da Avenida de Magoi, Augas Férreas e Acea de Olga”, sinalou.

O responsable de Medio Ambiente indicou tamén que, nos vindeiros días este operativo se desprazará a outros puntos da cidade para atendela ao completo “procurando que a zona urbana estea sempre en perfecto estado de ornato e conservación”.

Do mesmo xeito, Miguel Fernández, lembrou que o Concello efectúa un mantemento permanente, de luns a sábado, sobre as zonas verdes e os espazos que son da súa titularidade para ter baixo control a vexetación, “tarefas que se repiten varias veces nas mesmas contornas durante o ano, segundo as condicións climatolóxicas, e entre as que procuramos dar cobertura tamén ás demandas que, a través do departamento de Medio Ambiente, nos fai chegar a cidadanía”, concluíu o concelleiro.

Audio

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre a incorporación dun tractor ao dispositivo de roza | Descargar mp3

Multimedia

  • A concellería de Medio Ambiente incorpora dende hoxe un novo tractor aos operativos de roza municipais
  • A concellería de Medio Ambiente incorpora dende hoxe un novo tractor aos operativos de roza municipais

Noticias relacionadas