Alexandre Penas: “trátase dunha actuación necesaria para mellorar a accesibilidade da zona”
O edil de Infraestruturas lembrou que “as solicitudes da veciñanza son un dos piares máis importantes á hora de planificar o traballo da concellería”
- Tema

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou a rúa Pintor López Guntín, onde se está a traballar na mellora da beirarrúa. Alexandre Penas explicou que “é unha actuación moi necesaria na zona debido ao desgaste desta zona”. Coa renovación da beirarrúa, mellorarase a accesibilidade da zona, “ao repararse as baldosas que estaban saídas e podían supoñer un obstáculo para persoas con mobilidade reducida”.
O edil de Infraestruturas Urbanas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. “As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “estas solicitudes, xunto coas visitas periódicas que realizamos a cada barrio, permítennos planificar a atención que debemos prestar aos distintos barrios”.
Alexandre Penas lembrou que “desde a Concellería de Infraestruturas traballamos para mellorar a contorna dos barrios da cidade para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
Audio
- O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a rúa López Guntín | Descargar mp3