Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Infraestruturas mellora a beirarrúa da rúa Pintor López Guntín

A concellería de Infraestruturas mellora a beirarrúa da rúa Pintor López Guntín

Alexandre Penas: “trátase dunha actuación necesaria para mellorar a accesibilidade da zona”

O edil de Infraestruturas lembrou que “as solicitudes da veciñanza son un dos piares máis importantes á hora de planificar o traballo da concellería”

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Luns, 26 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas mellora a beirarrúa da rúa Pintor López Guntín

O concelleiro de  Infraestruturas  Urbanas, Alexandre Penas, visitou a rúa Pintor López Guntín, onde se está a traballar na mellora da beirarrúa. Alexandre Penas explicou que “é unha actuación moi necesaria na zona debido ao desgaste desta zona”. Coa renovación da beirarrúa, mellorarase a accesibilidade da zona, “ao repararse as baldosas que estaban saídas e podían supoñer un obstáculo para persoas con mobilidade reducida”.

O edil de Infraestruturas Urbanas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. “As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “estas solicitudes, xunto coas visitas periódicas que realizamos a cada barrio, permítennos planificar a atención que debemos prestar aos distintos barrios”.

Alexandre Penas lembrou que “desde a Concellería de Infraestruturas traballamos para mellorar a contorna dos barrios da cidade para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a rúa López Guntín | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-mellora-beirarrua-da-rua-pintor-lopez-guntin

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201026_alexandre_penas_rua_lopez_guntin.mp3