Cómo debe ser unha cea saudable, na masterclass de nutrición de Xuventude de mañá

Ao igual que as últimas sesións,  esta charla telemática poderase seguir a partir das 20:00 horas,   través do Facebook de Xuventude de Lugo así como na contade Instagram @Xuventude_lugo

Martes, 22 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cómo debe ser unha cea saudable, na masterclass de nutrición de Xuventude de mañá

O ciclo de masterclass online de nutrición, que puxo en marcha Xuventude, afondará mañá en cómo debe ser unha cea saudable, tras tratar os almorzos saudables a pasada semana. Ao igual que as últimas sesións,  esta charla telemática poderase seguir a partir das 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo, así como na contade Instagram @Xuventude_lugo.

Esta programación, que dirixe a dietista-nutricionista Ángeles Novo, terá lugar todos os mércores ata o 7 de outubro, Con ela, o Concello tenta ofrecer á mocidade diversos contidos de educación nutricional, mentres se facilita a creación dunha contorna saudable. Mellorar o sistema inmune coa alimentación ou desmontar os mitos alimentarios máis comúns foron temas que centraron as charlas, que nas vindeiras semanas achegarán consellos de petiscos saudables e receitas doces.

Noticias relacionadas