A cidade de Lugo acolle un ano máis a recoñecidos bailaríns co 8º Encontro Internacional Tangoliber 2017

González Abelleira, García Porto e Botigué Tiberio presentaron este martes nos xardíns do Pazo de San Marcos o certame musical que organiza a Asociación Cultural Tango Club Galicia e que terá lugar do 20 ao 23 de xullo na capital lucense

A Concelleira de Benestar Social subliñou que “é un luxo poder contar con este festival e esta programación de tango, desta calidade, na cidade de Lugo”

A Deputada de Cultura resaltou a importancia da posta en marcha “deste tipo de iniciativas que permiten achegar esta práctica a todos os lucenses e, especialmente, a aqueles que están interesados ou involucrados no eido máis profesional do tango”

Milongas, seminarios, ou exhibicións dos mellores bailaríns desta disciplina, son só algunhas das actividades gratuítas da programación desta oitava edición do certame

Martes, 18 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A cidade de Lugo acolle un ano máis a recoñecidos bailaríns co 8º Encontro Internacional Tangoliber 2017

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Secretaria da Asociación Cultural Tango Club Galicia, Alejandra Botigué Tiberio presentaron este martes na Capela de Santa María o 8º Encontro Internacional Tangoliber 2017 que organiza a Asociación Cultural Tango Club Galicia e que terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de xullo na cidade de Lugo.

O Concello e a Deputación de Lugo colaboran con esta cita de danza, cedendo a Praza Maior e a Capela de Santa María para a celebración de varias actividades da programación deste ano, que contará coa actuación de parellas de bailaríns líderes en Europa e Arxentina, recoñecidos DJ´s de tango, seminarios para todos os niveis ou milongas, entre outros.

No acto, González Abelleira subliñou que “é un luxo poder contar con este festival e esta programación de tango, desta calidade, na cidade” e remarcou que “este encontro é unha mostra máis da diversidade e interculturalidade que posúe Lugo”.

Pola súa banda, García Porto resaltou a importancia da posta en marcha “deste tipo de iniciativas que permiten achegar esta práctica a todos os lucenses e, especialmente, a aqueles que están interesados no tango ou incluso involucrados no eido máis profesional desta disciplina”. Ademais, a Deputada de Cultura convidou a todos os veciños da provincia a participar na programación de actividades, pois “durante catro xornadas, Lugo será a capital do tango en Galicia”.

Dentro dos obxectivos do 8º Encontro Internacional Tangoliber 2017 destacan a inserción da cidade como área de referencia dentro do gran circuíto europeo e mundial, atraer afeccionados e acercar a cultura do tango a poboación ofrecendo actividades abertas e gratuítas. Na actualidade, hai inscritas máis de 200 persoas, chegadas de distintos puntos do mundo, coma Estados Unidos, Alemaña, Turquía ou Eslovenia.

Programación

Xoves 20 de xullo:

  • 20:00 a 23:00 horas na Capela de Santa María, Milonga de Benvida, musicalizada por Magín Daniel López.

Venres 21 de xullo:

  • 16:00 a 18:00 horas na Capela de Santa María, Milonga de Tarde, musicalizada por Antonio González Carcavilla.
  • 16:30 a 21:30 horas no Gran Hotel de Lugo, seminarios especializados de tango, impartidos polo psicólogo Julio Corredoira.
  • 19:00 a 20:00 horas na Capela de Santa María, Tangoterapia, impartida polo psicólogo Julio Corrdoira.
  • Ás 23:00 horas no Círculo das Artes de Lugo, Gran Milonga de venres, musicalizada por Victor Ariel Yuryevic. Ademais, haberá unha exhibición de Leonardo Mosquera e Carina Lucca.

Sábado 22 de xullo:

  • 11:30 a 14:30 horas no Gran Hotel de Lugo, Seminarios especializados de Tango.
  • 16:00 a 18:00 horas na Capela de Santa María, Milonga de tarde, musicalizada por Guilherme Martins.
  • 16:30 a 21:30 horas no Gran Hotel Lugo, seminarios especializados de tango.
  • 19:00 a 20:30 horas na Capela de Santa María, Tango y postura saudable, impartida pola maestra de tango María Angeles Iglesias e a fisioterapeuta Vanessa Lamela.
  • 23:00 horas no Círculo das Artes de Lugo, Gran Milonga de Tango Club Galicia, musicalizada por Marcelo Rojas. Ademais, haberá unha exhibición da Karina Colmeiro e Maximiliano Cristiani.

Domingo 23 de xullo:

  • 12:00 a 14:00 horas na Praza Maior, Milonga musicalizada por Magín Daniel López.
  • 15:00 horas no Restaurante Os Robles 6 Bellotas, comida e milonga de despedida, musicalizada por Victor Ariel Yuryevic.

Tango Club Galicia

Tango Club Galicia é unha asociación cultural sen ánimo de lucro creada por amantes do tango. A súa finalidade é difundir e facilitar a participación e as relacións entre os asociados e todos os simpatizantes deste arte. A Asociación organiza clases regulares, seminarios, encontros, eventos e traballa para transformar a realidade social a través da cultura.

Multimedia

  • A cidade de Lugo acolle un ano máis a recoñecidos bailaríns co 8º Encontro Internacional Tangoliber 2017

Noticias relacionadas