Luns, 20 de setembro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial do Alzheimer, 21 de setembro, iluminando de morado a fachada da Casa Consistorial co fin de visibilizar esta demencia.
A petición, trasladada á rexedora lucense chegou a través de AFALU, " Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodegenerativas de Lugo".
A Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer ( AFALU) nace no ano 2002 ante as necesidades expresadas polos familiares e como medio para encontrar solucións que puidesen mellorar a calidade de vida tanto de familiares coma de enfermos.