A Área de Xuventude busca involucrar á mocidade no embelecemento de espazos vinculados co ocio xuvenil

Dentro do programa +Xtí, impulsado polo Concello de Lugo e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas, impartirase un curso de pintura mural no que os participantes acondicionarán un muro na Praza Viana do Castelo e outro na Casa Clara Campoamor. 

A actividade, de balde e dirixida a mozos e mozas de 14 a 35 anos , dará comezo o día 10 de xullo e desenvolverase os días 11, 17, 18, 24, 25 e 31 do mesmo mes, de 16.00 a 20.00 horas.

As persoas interesadas en participar nesta formación poderán anotarse no correo trecetrazos@gmail.com ou no teléfono 677 877 451.

“Este taller supón unha gran oportunidade para que a mocidade participe nunha actividade lúdica diferente que, ao tempo, fainos partícipes das melloras nos espazos de ocio xuvenil e transmítelles valores como o traballo en equipo”, sinala o concelleiro Jorge Bustos.  

Martes, 02 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Área de Xuventude busca involucrar á mocidade no embelecemento de espazos vinculados co ocio xuvenil

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Área de Xuventude que dirixe Jorge Bustos, busca involucrar á mocidade no embelecemento de espazos vinculados co ocio xuvenil. A iniciativa ‘+Xtí’, impulsada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas, conta na súa programación de xullo cun curso intensivo de pintura mural que, tal e como subliña o edil, “supón unha gran oportunidade para que a mocidade participe nunha actividade lúdica diferente que, ao tempo, fainos partícipes das melloras nos espazos de ocio xuvenil, transmítelles valores como o traballo en equipo e afástaos de condutas potencialmente aditivas”.

Esta actividade, que será de balde, dará comezo o vindeiro 10 de xullo e desenvolverase os días 11, 17, 18, 24, 25 e 31, de as 16.00 a 20.00 horas. A formación, dirixida á veciñanza entre 14 e 35 anos, consistirá nun taller para que a mocidade interesada  aprendan e sexa partícipes do propio proxecto, guiada por un especialista na materia que impartirá coñecementos e formación básica. O seguinte paso será a súa participación na mellora de espazos deteriorados ou abandonados “converténdoos en espazos de lecer vistosos e poñendo en valor as instalacións e recursos onde se atopan”, apunta Bustos.

A través do proxecto traballarase en dous puntos: un deles será o muro existente detrás das canastras da Praza Viana do Castelo e o outro o muro da fachada frontal da Casa Clara Campoamor. A mocidade interesada pode inscribirse dende xa a través do correo trecetrazos@gmail.com e o teléfono 677 877 451.

Noticias relacionadas