
A área de Muller vén de anunciar que se apraza o taller desta tarde, incluido na campaña cuia cara visible é o popular actor Xosé A. Touriñán, baixo o +Xti, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas, e dirixido ao profesorado e as familias sobre os actuais desafíos educativos na etapa adolescente.
De momento, non esta determinada a nova data para a súa realización que será comunicada á maior brevidade posible.
Dende o Concello queren lembrar que toda a información relacionada cos talleres estará dispoñible na web: http://concellodelugo.gal/gl/general-temas/xuventude
Información e inscricións
O programa dos talleres e toda a información relacionada estará dispoñible na web: http://concellodelugo.gal/gl/general-temas/xuventude
Para inscribirse nos talleres hai que enviar un mail a: maisporti2020@lugo.gal e indicar no ‘asunto’ "Mocidade e novas adiccións" e no corpo do mail:
- Nome
- Apelidos
- Profesor ou Familiar: (indicar un)
- Nome da Escola ou Instituto
- Taller ou Evento : (marcar un ou más): Taller 1 | Taller 2 | Taller 3 | Evento final
Hai 70 plazas para as charlas e 100 plazas para o evento con Touriñán. As admisións serán por riguroso orde de inscrición dende hoxe, 2 de outubro de 2020 ao 20 de outubre de 2020.