Unha quincena de mozos e mozas lucenses están a participar nesta actividade de formación grupal nas instalacións do CEI-Nodus
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, visitou este luns no CEI-Nodus aos participantes no programa PROEMGA, que buscar favorecer o emprendemento xuvenil.
No marco deste proxecto, unha quincena de mozos e mozas lucenses están a participar nunha actividade de formación grupal de 32 horas de duración e 16 horas de titorías individualizadas nas instalacións do CEI-Nodus, que o Concello cedeu para a realización do Proxecto.
O programa conta coas visitas a dúas startups da cidade, coas que se espera que os beneficiarios do proxecto PROEMGA poidan coñecer de primeira man as ideas e experiencias de casos reais de emprendemento con éxito.
Esta iniciativa súmase a outros programas que leva a cabo o Concello na súa aposta por favorecer a creación de emprego no municipio, como o obradoiro EmpregaTic, o plan de emprego municipal (Con) Trato feito!, ou o espazo Coworking de Lugo.