A Alcaldesa inaugura unhas xornadas sobre o sector lácteo, "imprescindible para Lugo"

Xoves, 13 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa inauga unhas xornadas sobre o sector lácteo, imprescindible para Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este xoves, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, as xornadas Evolución do mercado lácteo na Unión Europea e Negociación Colectiva, organizada por Unión Leiteira Galega (ULEGA), en colaboración coa Deputación de Lugo e Sabadell. Con esta xornada, que englobou as ponencias Evolución do mercado lácteo en Europa e a súa repercusión nos produtores galegos, As relacións entre as partes: indexación de prezos e instrumentos de negociación e Negociación colectiva: o papel das organizacións de produtores e modelo organizativo; preténdese abrir o debate sobre o potencial que pode ter a negociación colectiva na situación de prezos pola venda do leite.

No acto, a rexedora amosouse orgullosa de que Lugo acolla este encontro que aborda unha panorámica "dun sector imprescindible para Lugo, como é o lácteo". Nesta liña, Méndez lembrou que en Lugo funcionan unhas 400 explotacións gandeiras, ocupando a zona rural o 80% do territorio do municipio, no que reside o 20% da poboación. Así mesmo, manifestou que se ben é certo que hai un mellor panorama que hai un ano neste eido, queda moito por facer, de aí a importancia de organizar xornadas deste tipo.

"Se o sector lácteo e ao primario lle vai ben, a Lugo vaille ben", concluíu a Alcaldesa, ao tempo que lle desexou aos organizadores e asistentes un fructífero encontro.

Noticias relacionadas