A Alcaldesa destaca a importancia da prevención da diabetes no día mundial desta enfermidade crónica

Lara Méndez realizou o control de glucosa, que a Asociación de Diabéticos Lucenses instalou no HULA, en colaboración co hospital, para quen o desexara puidera comprobar o seu nivel de azucre no sangue

Luns, 14 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa destaca a importancia da prevención da diabetes no día mundial desta enfermidade crónica

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) nas actividades organizadas pola Asociación de Diabéticos Lucenses, en colaboración co hospital, con motivo do Día Mundial da Diabetes, unha enfermidade que padece 1 de cada 11 persoas.
 
A rexedora, quen realizou o control de glucosa posto á disposición dos veciños e veciñas que desexaran comprobar o seu nivel de azucre no sangue, chamou á concienciación da sociedade sobre esta enfermidade, cuxa incidencia se multiplicou por catro nos últimos 30 anos, pasandoo dos 108 millóns de 1980 aos máis de 420 en 2014. Así mesmo subliñou a importancia da prevención e da súa detección a tempo, para o que é preciso levar un control rutinario tan sinxelo como o control de glucosa. Nas mesmas instalacións, voluntarios informaron da problemática da diabetes e da importancia duns hábitos de vida saudables como principal formar de previla.

Noticias relacionadas