A alcaldesa de Lugo supervisa os labores de recolocación da estatua de Ánxel Fole, executados por persoal do programa ‘Dito e Feito!’

A escultura volve a lucir na esquina das prazas Campo Castelo e Anxo Fernández Fómez, tras ser derribada accidentalmente por un vehículo de reparto.

O programa Dito e Feito! foi posto en marcha polo executivo municipal coa finalidade de manter en estado óptimo de conservación todos os espazos públicos urbanos da cidade.

Xoves, 27 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo supervisa os labores de recolocación da estatua de Ánxel Fole, executados por persoal do programa ‘Dito e Feito!’

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou este xoves os labores de recolocación da escultura de Ánxel Fole, na esquina das prazas Campo Castelo e Anxo Fernández Fómez, tras ser derribada accidentalmente por un vehículo de reparto. “A estatua do popular escritor volve a ocupar o lugar no que leva instalada dende comezos deste século, en memoria da súa figura e obra”, apuntou a rexedora.

Os traballos foron executados por persoal do Plan de Embelecemento Urbano ‘Dito e feito!’, posto en marcha polo executivo municipal en maio do pasado ano, coa finalidade de manter en estado óptimo de conservación todos os espazos públicos urbanos dos diferentes barrios da cidade. Méndez lembrou que, a través desta programación, que foi adxudicada ao centro especial de emprego de iniciativa social Coregal Parques e Xardíns, “atendéronse xa máis de 60 solicitudes, principalmente traballos de acondicionamento de pavimentos, eliminación de barreiras arquitectónicas e arranxo e recuperación de mobiliario”.

Foron accións que o executivo municipal levou a cabo tras ser solicitadas directamente pola veciñanza a través do proceso de participación cidadá que se atopa en marcha, e para o que o Concello habilitou varias canles para recibir as propostas dos e das lucenses: tanto de forma telemática, a través da páxina web www.alcaldialugo.gal ou enviando un WhasApp ao 623 200 872; como de forma presencial, cubrindo unha ficha que se pode atopar no buzón ‘Dito e feito!’ instalado na entrada da Casa Consistorial.

Noticias relacionadas