A alcaldesa de Lugo agradece a colaboración que Gestagua manten co Arde Lucvs dende hai 11 anos

Venres, 27 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo agradece a colaboración que Gestagua manten co Arde Lucvs dende hai 11 anos

A alcaldesa de Lugo agradecía no día de hoxe “o esforzo que fai Gestagua para dar a coñecer o Arde Lucus e por querer formar parte dunha festa que involucra a toda a cidade e a moitas persoas que nos visitan durante estes días”.
 
Gestagua, comprométese novamente a asumir os gastos derivados das actividades realizadas na execución do espectáculos do Arde Lucus cunha partida económica que ascende a 18.000 euros.
 
A acción está enmarcada dentro do patrocinio publicitario asinado entre Concello e Gestagua ao longo da última edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), colaboración que leva recibindo o Arde Lvcvs dende hai 11 anos.

Noticias relacionadas