A acollida de 11 nenos e nenas saharauis ao longo do verán, avala a Lugo como cidade solidaria

O Concello contribúe con 7.000 euros á estancia destes cativos na cidade, na que se lles garante unha boa alimentación e asistencia médica, ao tempo que evitan as altas temperaturas que soportan nos campamentos

Mércores, 20 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A acollida de 11 nenos e nenas saharauis ao longo do verán, avala a Lugo como cidade solidaria

O voceiro municipal, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, e a de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiron esta mañá na  Casa Consistorial aos nenos e nenas dos campos de refuxiados de Tinduf, que estarán ata setembro na cidade grazas ao progama Vacacións en Paz, posto en marcha pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, co que colabora o Concello cunha achega económica de 7.000 euros. Vacaciones en Paz permite que un total de 280 nenos pasen o verán en Galicia, 11 deles na cidade de Lugo, 8 nenos e 3 nenas, o que lle proporciona aos cativos gozar dunha boa alimentación e asistencia médica, ao tempo que evitan as altas temperaturas que soportan nos campamentos, máis de 50 grados.

No acto, no que tamén estivo presente a Presidenta da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Mayte Isla, a Delegada en Lugo deste colectivo, Manuela Pacín, e o Delegado Saharaui para Galicia, Habibulah Mohammed; González Abelleira deulles a benvida aos cativos e as súas familias de acollida, ao tempo que recoñeceu o esforzo que realiza ano tras ano tanto a asociación como ás familias, para continúar con este programa que se leva a cabo en Galicia dende hai un cuarto de século a pesar de ser un proxecto difícil de custear, aspecto no que incidiu tamén Isla. Do mesmo xeito, anunciou que o Concello de Lugo continuará colaborando e poñendo o grao de area con esta causa. Ao remate do acto, os concelleiros entregáronlles uns pequenos agasallos aos cativos como mostra de cariño.

Noticias relacionadas