Área de Cohesión Social
Actualidade

Esta colaboración enmárcase na estratexia municipal de proxección da marca Lugo a través do deporte profesional e do retorno social derivado do vínculo do club coa cidade.
O compromiso aprobado para 2026 ascende a dita cantidade, quedando as dúas anualidades futuras condicionadas á categoría deportiva na que compita a entidade.
O alcalde e o edil de Urbanismo, Xuventude e Deportes asistiron hoxe á presentación da camiseta coa que o Breogán promocionará o Arde Lvcvs neste 25 aniversario.

Máis de 267.000 euros investidos en Conturiz para mellorar o abastecemento de auga e as infraestruturas viarias da parroquia.
O Concello inicia a licitación dun novo proxecto en Ombreiro que permitirá ampliar a rede de auga e dar servizo a 34 vivendas.
“Seguimos levando servizos básicos ao rural con actuacións planificadas que melloran a calidade de vida da veciñanza e reforzan a cohesión territorial”, sinalou Miguel Fernández, alcalde de Lugo.

O novo contrato de extraescolares incrementa a coordinación e reforza a atención á diversidade funcional.
A adxudicación técnica do auditorio asegura iluminación, son e persoal especializado para a súa actividade.
A actuación permitirá humanizar 2.000 metros cadrados de espazo público no marco do proxecto europeo Novo Norte, cun investimento previsto próximo aos 400.000 euros.
O proxecto incluirá a remodelación integral da zona verde e do espazo infantil, melloras de accesibilidade, nova iluminación, máis arborado e solucións sostibles orientadas a reducir o efecto illa de calor.
O Concello acometerá ademais de maneira inminente a renovación integral do parque infantil da Ronda Xosé Castiñeira e supera xa os 1,8 millóns de euros investidos na mellora de áreas de xogo infantil nos últimos anos.
“Seguimos impulsando un Lugo máis verde, máis amable e con espazos públicos de maior calidade, pensados para convivir, desfrutar e mellorar a vida nos barrios”, sinalou Miguel Fernández, alcalde de Lugo.