A mañá do día 22 de setembro, unha patrulla da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da zona norte da cidade xa que no interior dunha vivenda está a producirse unha pelexa.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiu á xuntanza do xurado que escolleu o cartaz do San Froilán Miúdo 2025. Irene Huéscar Villapún, de 11 anos, foi escollida como gañadora entre os 14 participantes, e recibirá un premio de 300€.

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo autorizará aos distintos locais de hostalería da cidade a instalación de caldeiros na rúa para vender polbo durante o San Froilán.

O Concello de Lugo fixo balance este luns da sétima edición do Caudal Fest, celebrada esta fin de semana na contorna do río Miño e no Pazo de Feiras e Congresos, e que reuniu a milleiros de persoas nun ambiente marcado pola diversidade, a música e a convivencia interxeracional.

A concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, ven de manter unha reunión coa veciñanza de Conturiz para presentar os proxectos que o seu departamento desenvolverá na parroquia ao longo dos próximos meses.

A área de Deportes do Concello de Lugo ven de ampliar en 70 as prazas dos cursos de ximnasia e natación para maiores de 65 anos, que se desenvolven ao longo do ano nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras.

Intervención nun local de lecer nocturno da Praza de Augas Férreas por risco inminente para a seguridade dos asistentes

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou hoxe a Praza do Castiñeiro para coñecer de primeira man a recente renovación do espazo, protagonizada por un mural de gran formato realizado polo artista Yoe33, e comisariado por Concepto Circo e Diego As. O mural que está a piques

Concelleiros e concelleiras de todos os grupos municipais que integran a Corporación lucense, co alcalde ao fronte, amosaron esta mañá a súa condena ante o xenocidio do pobo palestino en Gaza.

O Concello de Lugo porá a disposición das case 20 escolas deportivas da cidade ás instalacións municipais para acoller de forma gratuíta as actividades previstas na nova tempada, correspondente ao curso 2025-2026.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »